Xornalismo, democracia e mocidade, protagonistas dun almorzo informativo na Subdelegación do Goberno en Lugo

A Subdelegación do Goberno en Lugo acollerá o vindeiro 3 de decembro, ás 9.00 horas, un almorzo informativo baixo o título 'Xornalismo, democracia e mocidade', unha iniciativa que busca abrir un espazo de reflexión e diálogo arredor do papel do xornalismo, os valores democráticos e a relación das novas xeracións coa información.
O encontro está promovido polo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, e pola subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López Rodríguez, con motivo da celebración de «España en Libertad. 50 anos».
Na xornada participarán Rocío Cortes, Sara Meijide, Jesús Varela e José Luis Ramudo, mentres que a xornalista Tonina Gay será a encargada de moderar o coloquio.
A iniciativa pretende favorecer o intercambio de ideas sobre a importancia do xornalismo nunha sociedade democrática e o papel que desempeña a mocidade na construción dunha cidadanía informada e participativa.