Xosé Manuel Otero presenta en Lugo o seu novo fotolibro, 'Lugo Terceiro Milenio'

LugoXa
O volume, editado polo departamento de Cultura da Deputación de Lugo, recolle a través da fotografía os primeiros 25 anos do novo milenio, con especial atención á provincia
Lugo-Terceiro-Milenio
24 Sep 2026

O fotógrafo Xosé Manuel Otero presentará o próximo martes 29 de setembro o seu novo fotolibro, "Lugo Terceiro Milenio", nun acto que terá lugar ás 19:30 horas no salón de actos do Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo.

O volume, editado polo departamento de Cultura da Deputación de Lugo, pretende ofrecer unha fotografía fixa dos primeiros 25 anos do novo milenio a través de imaxes que documentan os costumes, as feiras, as festas e a evolución da sociedade, principalmente na provincia de Lugo, aínda que tamén incorpora escenas doutras zonas de Galicia.

Na presentación intervirán o propio Xosé Manuel Otero, autor e fotógrafo da obra; Toño Núñez, responsable dos textos; Mercedes Vázquez, autora do limiar, e Iria Castro, deputada de Cultura da Deputación de Lugo.

O acto contará ademais co acompañamento musical de ConVersos.

0.14858603477478