Xove apraza o inicio das actividades de ocio
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Xove vén de comunicar que debido as novas restricións como consecuencia da alerta sanitaria actual, "neste momento non é posible o comenzo das actividades de ocio e tempo libre programadas".
31 Out 2020

Posto que a situación epidemiolóxica establece que as actividades non federadas reduciranse a cinco persoas sen contar o monitor e "dado o gran número de inscricións nas actividades ofertadas polo Concello, non é viable o inicio e aprazan o mesmo ata que mellore a situación", din dende o Concello.
"Cando a situación mellore e sexa viable a realización de ditas actividades, avisaremos para o inicio das mesmas", remataron dicindo.