Xove comeza anunciar o tráil do próximo ano

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
3 Nov 2019

Os organizadores do Xove Costa Trail xa teñen posto o marcador para a conta atrás que os achegue á cita deportiva, para a que apenas faltan cinco meses e será o 22 de marzo. Trátase de desfrutar dun dos trails costeiros máis espectaculares de Galicia.

Tentarán pasar esta segunda edición da carreira pola praia de Esteiro, xa que a organización está inmersa no percorrido dos lugares polos que vai pasar.

Son uns 25 quilómetros polos que o ano pasado pasaron 430 atletas nunha cita ideada e impulsada por Roq Sport e a ACD Xove, e patrocinada polo Concello, para conxugar deporte e natureza e promocionar a senda costeira do Camiño Natural do Cantábrico.

Na distancia de 25 quilómetros impuxéronse Daniel Feijoo e Carla Trillo, que invertiron 2:05:04 e 2:40:06 horas en acometer o circuito. Na categoría masculina completaron o podio Jonás Pino, cun tempo de 2:06:28 horas e Edgar Franco, con 2:07:35 horas. En féminas, a segunda posición recaeu en Sandra Fernández, que empregou 2:40:56 horas en percorrer o circuito, e con Tereza Ctvrtnickova, con 2:45:04 horas.

0.12669587135315