Xove invita a participar dunha festa acuática na praia de Portocelo este domingo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Dentro do Programa Verán Xove 2019, as actividades acuáticas ocupan un lugar moi importante, e non pode ser doutra maneira tendo en conta a época na que nós atopamos.
20190822_194642
3 Aug 2019

Dentro do Programa Verán Xove 2019, as actividades acuáticas ocupan un lugar moi importante, e non pode ser doutra maneira tendo en conta a época na que nós atopamos. Na praia de Portocelo, este domingo 4 de agosto, a partir das 16:00 horas, vai ter lugar unha festa acuática na propia praia con xogos para nenos/as e rapaces/as. Trátase da terceira edición dunha festa que contou cun gran éxito nas edicións pasadas.

Vai haber xogos de todo tipo e  moi variados: inchables, kayaks, etc., cada un dos cales estará controlado por un monitor que se vai preocupar do control de  acceso a cada xogo e da seguridade do mesmo.

Trátase dunha actividade totalmente gratuita, organizada e patrocinada polo Concello de Xove, aberta tanto a persoas (nenos/as e rapaces/as) de Xove como visitantes e turistas. Non hai limitación; a participación é totalmente libre e gratuita. Só hai que ir á praia e participar nos xogos. 

Os domingos á remollo son unha novidade do programa deste ano, e tal como se recolle no título, desenvolvéronse os domingos do mes de xullo na Praia de Lago, polas tarde. A inscrición e participación foi totalmente libre e gratuita, realizándose na mesma praia, e contou  con actividade de kayaks, pádel surf, big sup, etc.

As actividades acuáticas desenvolvéronse na Piscina Municipal de Xove o pasado 16 de xullo, abertas a tódalas idades, co único requisito de saber nadar.  As organizaron dende o Club Natación Xove e houbo numerosos particpantes.

Dentro do apartado 'Móvete no Verán', figura o Kangoo Jumps. Esta actividade comezou o pasado 5 de xullo e vai ter continuidade ata o vindeiro 16 de agosto e está impartida por Lorena, de Sala 5, ademais conta con 20 inscritos.

Por último temos fútbol sala 3x3, actividade incluída dentro do programa Ocio Deportivo e desenvolvida na Pista Multideportiva do Parque e no Pavillón Municipal de Xove, que contou xa con 38 inscritos. 

Para máis información convén chamar ao Concello ou á concelleira de Xuventude, Cristina Iglesias, no teléfono 699328227.

 

0.1868999004364