Xuntos por Lugo apraza a festa 'Xuntos pol@s nen@s' ao domingo 1 de novembro

LugoXa
A celebración, prevista inicialmente para este sábado no Pazo de Feiras e Congresos, trasládase un día debido ao loito oficial polo accidente ferroviario
Pazo-de-Feiras-e-Congresos-de-Lugo
29 Oct 2026

A asociación Xuntos por Lugo aprazou a festa 'Xuntos pol@s nen@s', que estaba prevista para este sábado, 31 de outubro, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. A nova data será o domingo 1 de novembro, debido á declaración de tres días de loito oficial polo tráxico accidente ferroviario ocorrido en Toledo.

A organización informou de que se mantén a programación prevista, aínda que os horarios das actividades poderían sufrir modificacións. Entre as propostas figuran as actuacións de Gramola Gominola, Grupo Alba e Roberto Lolo, ademais de inchables, pintacaras e outras actividades infantís. Tamén estará presente Xuntiña, a mascota da asociación.

Xuntos por Lugo pide a colaboración das persoas que tiñan entradas ou pensaban asistir para que a nova data chegue a todos os interesados. Aqueles que non poidan acudir o domingo poderán contactar coa persoa ou coa canle a través da que adquiriron as entradas para xestionar a súa devolución. A entidade comunicará calquera novidade a través das súas redes sociais.

A asociación trasladou tamén as súas condolencias ás familias e persoas achegadas das vítimas, así como a súa solidariedade con todas as persoas afectadas pola traxedia.

0.16302704811096