Xurxo Souto presenta a súa última obra este venres en Lugo

LugoXa
Este venres Xurxo Souto presentará a súa última obra, Somos un pobo de artistas: O método Luísa Villalta en Lugo.
xurxo_souto
29 Feb 2024

Este venres Xurxo Souto presentará a súa última obra, Somos un pobo de artistas: O método Luísa Villalta en Lugo. A libraría Biblos acolle o encontro co autor a partir das 20.00 horas. O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Cantares Gallegos de Rosalía son o gran referente do Rexurdimento. Non obstante, a música sempre estivo ausente nas clases de literatura.

En 1999 Luísa Villalta publicou O outro lado da música, a poesía, libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si ambas as dúas artes. Seguindo o seu método, penetramos na selva vizosa da música galega contemporánea para procurar esa unidade primixenia. E buscámola especialmente nas marxes, territorios case invisíbeis para o gran público, onde medra cada día o poder da creatividade.

0.106684923172