Xuventude lanza unha campaña de sensibilización sobre o abuso do consumo de alcohol

LugoXa
Xuventude lanza unha nova campaña para a sensibilización sobre o abuso do consumo de alcohol e outras drogas
xti abuso alcohol portada
1 Jun 2023

A Concellería de Xuventude levará a cabo unha nova campaña de sensibilización sobre o abuso do consumo de alcohol e outras drogas enmarcada na programación do +Xti, organizada polo Concello, a través da área de Xuventude e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas, co obxectivo concienciar á mocidade e dotar de información axeitada.

Dende a Concellería, estanse a levar a cabo campañas, que teñen como finalidade atrasar o inicio de consumo de bebidas alcohólicas nos menores e un consumo responsable nos adultos.

Neste senso, durante o mes de xuño levaranse a cabo accións con diferentes puntos de encontro, nos que se informará dos perigos do alcol, haberá xogos, agasallos para a cidadanía, entre outras actividades.

Trátase pois, de sensibilizar sobre un consumo responsable de alcol por parte de toda a sociedade. Esta campaña está dirixida á mcidade lucense, adultos e familias porque consideramos que é un tema que implica a toda a sociedade.

Dende o Concello de Lugo, explican que, seguirán apostando pola educación en todos os campos como fórmula de cambio da sociedade e en promover unha vida saudable que abarque non só o benestar físico senón tamén o emocional como neste caso.

xti abuso alcohol
0.19137787818909