9louro e The Rapants poñen música ao martes en Lugo

GaliciaXa | LugoXa
A xornada contará tamén con propostas de música tradicional, maxia, pasarrúas e o espectáculo DJ Sinfónico Terranova + La Vera Notte
VibraXoán-Sarria-26-The-Rapants
6 Oct 2026

A programación do San Froilán continuará o martes, 6 de outubro, con música, tradición e actividades para diferentes públicos repartidas por varios espazos de Lugo. A noite estará marcada polos concertos de 9louro e The Rapants na praza do Seminario, ás 20.30 horas, a praza do Seminario recibirá o concerto de 9louro, ao que seguirá, ás 21.45 horas e no mesmo escenario, a actuación de The Rapants. A noite completarase ás 21.00 horas na praza de Santa María co espectáculo DJ Sinfónico Terranova + La Vera Notte.

A música tradicional terá tamén un espazo destacado durante a xornada. Ás 18.00 horas, o escenario da praza de Santa María acollerá Escenario Zanfona, unha proposta con Ailá, Efrén López e Kelly Thoma. Ás 19.00 horas, dentro de X Cultura e Tradición no Camiño, Xisco Feijóo presentará "A voz do esforzo: Cantares do traballo na tradición galega" na Oficina de Turismo da Xunta de Galicia e no Espazo Relembra.

No marco da mesma programación celebraranse ás 11.00 e ás 17.00 horas os talleres de Cestería de Colmo III, impartido por Álvaro M. Leiro, e de Bordado Tradicional de Agremán I, a cargo de Rafael González Goyanes. As actividades terán lugar na Oficina de Turismo da Xunta de Galicia e no Espazo Relembra e requiren inscrición previa no correo traxandaina@gmail.com.

A maxia terá tamén presenza na programación, con "Maxia no San Froilán", a cargo de David Méndez, ás 12.00 horas no patio do Edificio Administrativo do Concello.

Deste xeito, o martes de San Froilán combinará concertos e verbenas con propostas de música tradicional, actividades culturais, maxia e animación nas rúas, cunha programación que se desenvolverá ao longo de toda a xornada.

0.1197509765625