A 34 edición do Festival de Jazz de Lugo confirma as súas datas e presenta o cartel
O Festival de Jazz de Lugo celebra a súa 34ª edición da xa consolidada cita, que terá lugar do 1 ao 17 de noviembre cunha serie de concertos. Un ano máis, a asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, encargada de organizar o evento, reunirá na cidade a grandes figuras do jazz a nivel internacional e estatal e a recoñecidas formacións e músicos galegos do xénero. Trátase dun festival que segue a cultivar o gusto polo jazz entre o público lucense e que axuda a consolidar a imaxe da localidade como un escenario idóneo para acoller eventos culturais de todos os ámbitos.
Na edición do 2023 foron 24 citas que tiveron como sedes o Círculo das Artes, o club Clavicémbalo e a Casa do Saber. Actuaron entre outros Mike Stern Band featuring Dennis Chambers, Leni Stern, Bob Franceschini & Lincoln Goines, Emmet Cohen Trio (EEUU) Shai Maestro Quartet (Israel e EEUU), Camille Thurman & The Darrell Green Quartet (EEUU), o sexteto do músico galego Baldo Martínez e Javi Ruibal Cuarteto.