A Asociación Cultural Camiño Primitivo de Baleira celebra a II Romaría Tradicional da Cortevella

LugoXa
O encontro terá lugar o 23 de maio cunha proposta centrada na música, a tradición e a cultura popular
Asociación-Cultural-Camiño-Primitivo-de-Baleira-Romaría
Actualizada el 8 mayo 2026, 13:20 horas
7 May 2026

A Asociación Cultural Camiño Primitivo de Baleira organiza a celebración da II Romaría Tradicional da Cortevella, que terá lugar o vindeiro 23 de maio e que se presenta como un encontro centrado na música, a tradición e a cultura popular.

A entidade adianta que se tratará dun evento no que a cultura popular será a protagonista e no que se combinarán diferentes propostas vinculadas ao patrimonio inmaterial e ás expresións tradicionais do territorio.

A programación dará comezo ás 12:00 horas coa recepción e benvida aos grupos participantes. Media hora despois, ás 12:30 horas, celebrarase a sesión de apertura, que correrá a cargo de Toxo Queimado.

A partir das 13:00 horas terán lugar as actuacións dos grupos participantes. Abrirá o programa Os Gaioleiros, de Cervantes, seguidos por Airiños do Neira, de Baralla, ás 13:15 horas. Ás 13:30 horas será a quenda de Són de Cores, de Becerreá, mentres que ás 13:45 horas actuará Tras da Lomba, de Castroverde. O peche deste bloque musical chegará ás 14:00 horas coa actuación de Toxo Queimado, de Baleira.

A xornada continuará ás 14:15 horas cunha sesión vermú e ás 15:00 horas celebrarase unha comida tradicional. A organización informa de que será necesario reservar previamente o xantar, que terá un prezo de 20 euros por persoa e incluirá churrasco, empanada, pan, viño e auga.

Xa pola tarde, ás 17:00 horas, desenvolverase unha foliada aberta aos asistentes e, a partir das 20:00 horas, haberá unha sesión musical con DJ centrada en música dos anos 80 e tradicional.

Desde a organización destacan que esta romaría busca converterse nun punto de encontro para veciños, visitantes e amantes da cultura tradicional, mantendo vivas as expresións musicais e festivas propias da comarca.

0.58321690559387