A Asociación da Milagrosa denuncia o estado de abandono da rúa López Guntín

LugoXa
A entidade veciñal, comercial e industrial reclama ao Concello de Lugo que actúe ante a presenza de maleza e vexetación na vía
rua-lopez-guntin
16 Sep 2026

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa trasladou á Concellería de Mobilidade e Medio Ambiente do Concello de Lugo a situación que, segundo denuncia, presenta actualmente a rúa López Guntín.

A entidade sinala que se trata dunha vía moi céntrica da cidade que se atopa nun estado que cualifica de “selvático”, debido á presenza de abundante maleza e vexetación.

A asociación achegou ao Concello fotografías realizadas este mércores, 16 de setembro, nas que se pode comprobar, segundo indica, o estado actual da rúa, co obxectivo de poñer a situación en coñecemento da Concellería e reclamar unha actuación.

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa asinou o escrito remitido ao Concello de Lugo.

0.16642189025879