A Asociación de Penas de Rodas organiza a VI Feira de Artesanía e Produtos da Terra o 28 de xuño

LugoXa | TerraChaXa
O evento celebrarase no marco da 46 Romaxe en Penas de Rodas e abre convocatoria para postos de participación
Penas-de-Rodas-romaxe
6 May 2026

A Asociación de Penas de Rodas vén de anunciar a celebración da VI Feira de Artesanía e Produtos da Terra, que terá lugar o vindeiro 28 de xuño no emblemático enclave de Penas de Rodas. A cita enmárcase dentro da tradicional 46 Romaxe, consolidándose como un dos eventos destacados da xornada.

A feira reunirá artesáns e produtores locais, ofrecendo unha ampla variedade de produtos da terra e pezas artesanais, co obxectivo de poñer en valor o traballo tradicional e dinamizar o entorno rural.

Dende a organización fan un chamamento a todas aquelas persoas interesadas en participar cun posto na feira. As solicitudes ou peticións de información poden realizarse a través do correo electrónico penasderodas.feira@gmail.com
.

A iniciativa busca continuar medrando edición tras edición, reforzando o seu papel como punto de encontro entre tradición, cultura e economía local.

0.11493110656738