A Asociación Mulleres Empresarias de Lugo organiza o curso “Aplica a intelixencia artificial no teu negocio”

A Asociación Mulleres Empresarias de Lugo organiza o curso “Aplica a intelixencia artificial no teu negocio”, unha formación na que se busca achegar a intelixencia artificial dun xeito práctico, próximo e útil para o día a día das participantes.
O curso será de balde e desenvolverase no CEI-Nodus os días 9, 11, 16 e 18 de xuño, en horario de 18:00 horas a 21:00 horas.
A iniciativa preséntase como unha oportunidade para descubrir como a intelixencia artificial xa forma parte do presente e como pode aplicarse de maneira real no ámbito profesional, resolvendo dúbidas frecuentes como se é algo complicado de utilizar ou como integrala nun negocio.
A formación, realizada en colaboración con Ciber Voluntarios, permitirá aprender a empregar ferramentas de intelixencia artificial para optimizar procesos, mellorar a marca persoal, aforrar tempo e explorar novas oportunidades profesionais, nun espazo pensado para aprender sen medo, compartir inquedanzas e achegar a tecnoloxía a persoas e negocios reais.