A Biblioteca de Antas de Ulla xa ten ós gañadores do certame de poesía infantil Nadal 2021

LugoXa
La Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla ya tiene a los ganadores de su certamen de poesía infantil de Navidad 2021.
xurado poemas antas ulla
7 Xan 2022

A Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla xa ten ós gañadores do certame de poesía infantil Nadal 2021. Nel, podían participar todos os nenos e nenas, con poemas cuxa temática fose O Nadal. Establecíanse tres categorías a categoría A: ata 8 anos; B: de 9 a 11 anos; e C; de 12 a 16 anos.

En total presentáronse 35 poemas nas tres categorías.

Cada autor podía presentar cantos traballos desexara. Os poemas debían estar redactados en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, e podían presentarse mecanografados, escritos a computadora ou a man.

O xurado reuniuse de maneira telemática o día 4 de xaneiro. Estaba integrado por Érica García Varela, Susana Diéguez Valladares, Paula Rodríguez Sucasas e Mª Teresa Batán Buján como Secretaria con voz sen voto.

GAÑADORES
Nesta reunión, acordaron de maneira unánime que na categoría A fosen Xiana Vázquez Guerreiro, Saúl Yagüe Blanco e Martín Quintá Pereiro os gañadores. E, Manuel Coucheiro Rodríguez, Mateo Alba Mosquera, Xiana Méndez Blanco e Martín Otero Iglesias recibirán un accésit. Na categoría B os gañadores foron Adriana Vázquez Louzao, Pablo Coucheiro Rodríguez e Jesús Medela Vázquez. O accésit desta categoría é para Xoel Ríos Moure e Hugo Conde López. Por último, na categoría C resultaron vencedores os poemas de Daniela Couso Rodríguez, Ángela García García e Laura Hermida Vázquez.

Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros ou material escolar e ademais, os traballos premiados, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo.

0.075168132781982