A Biblioteca Provincial de Lugo acolle o venres un espectáculo infantil

A Biblioteca Pública Provincial de Lugo acolle o vindeiro venres, día 16 a partir das 20.00 horas, a actividade 'Cantos contos e outras animaladas', a cargo de Ana Facchini.
Na actividade poderán participar 10 nenos e nenas, de 4 a 12 anos, e 10 adultos. Os interesados poden inscribirse xa na sala infantil da biblioteca ou no teléfono 982 828 329.
O espectáculo desenvolverase no salón de actos da Biblioteca Nodal e terá unha duración aproximada de 45 minutos.