A Cabalgata de Reis xa ten definido o percorrido

LugoXa

Ruben Arroxo informou que se ven de presentar o plan de tráfico para a Cabalgata de Reis que se celebrará o vindeiro día 5 de xaneiro de 2023.

27 dic 2022

Ruben Arroxo informou que se ven de presentar o plan de tráfico para a Cabalgata de Reis que se celebrará o vindeiro día 5 de xaneiro de 2023. Arroxo explicou que “a cabalgata transintará polas rúas polas que ven sendo tradicional o percorrido como Montefaro, Av da Coruña, Bolaño Rivadeneira, Quiroga Ballestero e rúa da Raiña. A cabalgata sairá ás 18:00 horas dende o parque da Milagrosa para chegar ao Concello onde os reises recibirán a nenas e nenos. A súa chegada ao Concello está estimada para as 19.15 horas.

Na súa chegada ao concello serán as suas maxestades quenes reciban a nenas tras a lectura, na balconada do concello, do habitual escrito real. Durante a duración de cabalgata, dende as 18.00 horas ata chegada, haberá animación diante do concello para facer máis levadeira a espera polos reis de oriente. A Cabalgata, titulada A Gran Viaxe, realizará o seu percorrido e contará con 4 carrozas e 11 espectáculos chegados a Lugo desde distintas partes do mundo. Acompañando aos Magos, contarase con espectáculos que reflexarán a viaxe que fan desde Oriente, representando ás cousas, animais e persoas que atopan polo longo camiño, acompañados de música, danza e teatro.

Durante o desfile polas rúas de Lugo repartiranse 2.000 quilos de caramelos, e as nenas e nenos que saúden aos Magos de Oriente no Concello recollerán un dos 3.000 cornetes de lambetadas, que levarán tamén un pequeno xoguete como recordo da chegada dos Magos a Lugo.

O Goberno de Lugo conta coa colaboración dun gran número de empresas locais que quixeron colaborar en facer deste día unha data inesquecible para as nenas e nenos. Maite Ferreiro agradeceu a colaboración de Gadisa, Carrefour, Renault, Abanca e Caixa Rural, que colaborarán de diferentes xeitos para facer posíbel esta xornada.

A Cabalgata de Reis pasará por as seguintes rúas: Parque da Milagrosa, rúa Monte Faro, Avda. Da Coruña, porta de San Fernando, praza de Ferrol, rúa Bolaño Rivadeneira, rúa Quiroga Ballesteros, praza de Santo Domingo, rúa da Raiña, Praza Maior, rúa Bispo Aguirre, rúa Vilalba, avenida Ramón Ferreiro, rúa Salvador de Madariaga, praza Bretaña, rúa Dinán, rúa das Hermanitas, rúa San Roque, Ronda da Muralla e Avenida de A Coruña.