A Candeloria confirma as súas datas e recupera o formato de dous días

LugoXa
Este ano, os asistentes poderán gozar de 14 cabezas de cartel durante dous días cheos de música, festa e diversas actividades
Candeloria
3 Out 2024

O festival da Candeloria regresa en 2025 con máis forza que nunca, recuperando o seu formato de dous días. O evento terá lugar os próximos 4 e 5 de abril, prometendo un programa repleto de cabezas de cartel que animarán a localidade. Este ano, os asistentes poderán gozar de 14 cabezas de cartel durante dous días cheos de música, festa e diversas actividades. A organización destaca que non se habilitarán espazos para acampada.

A primeira oferta de entradas estará dispoñible a partir do luns, 7 de outubro, ás 12.00 horas. Ademais, dende o festival recordan que a Pista Extra terá lugar o 30 de novembro de 2024. Deste xeito, aqueles que adquiran entradas para o Pista Extra poderán optar a un premio especial se tamén compran a entrada para a Candeloria, que promete ser un evento inigualable. Con este regreso, os amantes da música e da festa están invitados a marcar as datas no seu calendario, pois as expectativas están en alza para esta icónica celebración.

Na última edición, a cita celebrou o seu décimo aniversario con grupos como Mafalda, Soziedad Alkoholika e Me Fritos and The Gimme Cheetos. Convertidos nunha das bandas máis en forma do metal galego, Os Arrhythmia, que pisaron o escenario na primeira edición da Candeloria, tamén estiveron presentes no aniversario, xunto cos italianos Talco, considerados referentes do ska punk a nivel mundial e que se caracterizan polas súas letras reivindicativas. O grupo de rap barcelonés Tribade, referente na música feminista e La Duendeneta, que puxo o broche de ouro ao encontro completaronn o programa que se vén celebrando dende o ano 2014 e que xa se converteu nun dos eventos imprescindibles durante o inverno.

 

CONSULTA O CARTEL NESTA LIGAZÓN

0.088641166687012