A Capela de Santa María acolle a exposición itinerante de madeira torneada CONtornos

LugoXa | TerraChaXa
A mostra reúne máis de 70 pezas realizadas por artesáns e artesás participantes no Encontro Internacional de Torneiros da Madeira de Xermade
mostra-CONtornos-Lugo-torneiros-de-Xermade
5 Jun 2026

A Capela de Santa María de Lugo alberga a exposición itinerante de madeira torneada CONtornos, unha iniciativa impulsada pola Asociación Amigos da Madeira como actividade complementaria ao Encontro Internacional de Torneiros da Madeira que a entidade organiza en Xermade.

A mostra reúne máis de 70 obras elaboradas polos artesáns e artesás que participaron na última edición deste encontro. A selección permite descubrir traballos realizados con diferentes técnicas de torneado, variedades de madeira e acabados, ofrecendo unha visión da constante evolución e renovación deste oficio tanto en Galicia como noutros países europeos.

A exposición poderá visitarse neste espazo ata o 16 de xullo. O horario de apertura será de luns a domingo, de 11.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

0.13358902931213