A carreira de relevos Red Bull Buen Camino pasará pola Fonsagrada e Lugo
O sábado 25 de setembro será a carreira de relevos Red Bull Buen Camino coa que colabora o Concello da Fonsagrada e o de Lugo.
O espazo de relevo na Fonsagrada será a praza do Concello e a hora aproximada prevista para o paso é entre as 14.30 e as 17.00 horas.
A aventura comeza na Praza da Catedral de Oviedo e conclúe na do Obradoiro, o corazón de Santiago de Compostela. Será unha viaxe de 314 quilómetros salvando os desniveis da Cordilleira Cantábrica que os peregrinos coñecen como o Camiño Primitivo.
A segunda etapa sairá de Pola de Allande e chegará a Lugo facendo uns 120 km cun desnivel acumulado en metros de 3.790+ y 3.890. Dará comezo ás 6.30 e os participantes deberán pasar por Paradavella no quilómetro 74,4 antes das 18:00 horas.
Xa a terceira etapa dará comezo media hora antes, ás 6.00 horas desde Lugo, afrontando un trazado sinuoso con pasos por San Vicente do Burgo, San Román da Retorta, O Burgo de Negral, Ferreira e o Hospital da Seisas (cos seus 694 metros no punto máis alto da etapa).