A Cohors III Lucensium organiza unha nova edición das Xornadas Culturais do Arde Lucus

LugoXa
A auga e a súa relación coas termas romanas de Lucus Augusti centrarán a mesa redonda e unha visita guiada ao Balneario de Lugo
río-miño-Lugo-desbordado-balneario
27 May 2026

A Asociación de Recreación Histórica Cohors III Lucensium celebra un ano máis as súas Xornadas Culturais dentro da programación do Arde Lucus. A iniciativa alcanza xa a súa dezasete edición coa intención de seguir potenciando e poñendo en valor o patrimonio etnográfico vinculado á cultura romana, contando para iso con especialistas nos temas escollidos en cada convocatoria.

Nesta ocasión, a proposta temática leva por título “Aqua Sacra et Viva, a viaxe da auga dende o manancial ás termas romanas de Lucus Augusti”. A actividade desenvolverase en formato de mesa redonda este xoves 28 de maio, ás 19.00 horas, no salón de actos do Balneario de Lugo.

A mesa estará moderada polo arqueólogo do Concello de Lugo, Quique González, e contará coa participación de Antonio Garaloces, propietario do balneario, así como dos arqueólogos Silvia González, Enrique Alcorta, Roberto Bartolomé e Fran Alonso.

Ademais da conferencia, a programación inclúe unha visita guiada aberta ao público ás instalacións do balneario. A actividade comezará ás 17.00 horas e estará guiada por Antonio Garaloces, quen explicará aos asistentes diferentes aspectos relacionados coa historia e o funcionamento deste espazo vinculado ás antigas termas romanas de Lucus Augusti.

0.11788702011108