A comisión de Castroverde avanza o programa das patronais do 2025

LugoXa
Entre as confirmadas polo momento están Olympus, Combo Dominicano e Mekánika Rolling Band, entre outras
comision-castroverde
30 sep 2024

O municipio de Castroverde xa está a traballar nas patronais do vindeiro ano que celebrarán os días  23, 24, 25 e 26 de xullo. Dende a comisión, que leva organizando a cita dende o 2018, adiantan que nas súas festas na honra ao Santiago Apóstolo do 2025 contarán cun amplo programa no que estarán as orquestras Satélites, Finisterre e D´Cano.

Ademais, tamén teñen entre as confirmadas polo momento a Olympus, Combo Dominicano e Mekánika Rolling Band, que repite un ano máis. Agradecen deste xeito a axuda a veciños, empresas e institución e esperan que o programa, que aínda non desvelaron na súa totalidade, sexa de agrado para veciños e visitantes e cumpra de novo as expectativas da xente.

Na última edición das patronais contaron coa actuación de grandes formación como La Misión, La Fórmula ou Estelamar, grupos como Grupo Extra e sesión de DJ con Hermo Discoteca e Cosmedeejay e Pedro Brmudzdj. Tamén organizaron uns cantos de taberna que estiveron protagonizados por Trasdalomba, Toxo Queimado, Ariños do Neira e Os do 13.

castroverde avance programa 2025
0.09970498085022