A Deputación adxudica por 370.000 euros a mellora de dúas estradas entre Lugo e O Corgo

A Deputación de Lugo adxudicou por 370.187,40 euros as obras de acondicionamento de dúas estradas que conectan o municipio de Lugo con diferentes núcleos do seu entorno e O Corgo. Os traballos abranguerán case oito quilómetros de vías provinciais e terán un prazo de execución previsto de catro meses.
Por unha banda, actuarase nun treito de case seis quilómetros da LU-P-2918, que une Lugo coa parroquia de Adai. Por outra, mellorarase un tramo de algo máis de dous quilómetros da LU-P-2922, que comunica Carballido con Nadela.
Ambas as vías soportan un volume importante de tráfico, ao atravesar zonas de residencia periurbana e funcionar como conexión cara aos accesos das autovías A-6 e A-54 a través do nó de Nadela. Segundo a Deputación, o acondicionamento permitirá mellorar a fluidez e a seguridade dos desprazamentos diarios dos veciños que se trasladan á capital por motivos laborais ou para acceder a diferentes servizos.