A Deputación aproba obras de mellora enerxética en seis residencias de maiores

Pol
LugoXa | TerraChaXa | RibeiraSacraXa
A actuación desenvolverase nos centros situados nos concellos de Meira, Pol, Castroverde, A Fonsagrada, Ribas de Sil e Pedrafita do Cebreiro
residencia-mayores-meira
26 Jun 2026

A Xunta de Goberno da Deputación sacou adiante a licitación das obras para instalar grupos electróxenos nos nove centros de atención ás persoas maiores da Deputación de Lugo, cun investimento de 278.951 euros.

A actuación desenvolverase nas residencias provinciais situadas nos concellos de Meira, Pol, Castroverde, A Fonsagrada, Ribas de Sil e Pedrafita do Cebreiro, co obxectivo de reforzar a seguridade das instalacións e garantir a continuidade dos servizos básicos ante posibles incidencias no subministro eléctrico.

Con esta actuación, a Deputación continúa avanzando na modernización dos seus centros asistenciais, mellorando os equipamentos e reforzando a calidade da atención que reciben as persoas maiores usuarias destes servizos provinciais.

0.13153290748596