Aprobado o proxecto de mellora da LU-P-1301 entre Seoane do Courel e Pedrafita

LugoXa | RibeiraSacraXa
Os traballos contan cun investimento de preto de 400.000 euros
Pablo Rivera Capón
Pablo Rivera Capón
28 Nov 2024

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo celebrada este xoves aprobou o proxecto para acondicionar un novo tramo da estrada LU-P-1301, que conecta Seoane do Courel e Pedrafita do Cebreiro.

Concretamente, esta actuación afectará ao tramo que vai desde o punto quilométrico 6,868 e o 7,350 e contará cun investimento da Deputación de preto de 400.000 euros. As obras consistirán en dar continuidade á mellora do trazado, ampliando o ancho da vía como fixo xa a institución provincial entre os quilómetros o 7,350 e o 12,591.

Dende a institución provincial destacan que  con esta  actuación continúan “dando os pasos necesarios para rematar de arranxar os 6 quilómetros que quedaban pendentes para a rehabilitación completa desta estrada, tal e como se comprometera o Presidente”. Nos últimos anos, a institución provincial destinou máis de 1 millón de euros para a mellora desta estrada, fundamental para as comunicacións da Montaña.

0.17583298683167