A Deputación de Lugo corta a LU-P-1611 dende o 29 de xuño polas obras da nova ponte sobre o río Azúmara

LugoXa
O tramo entre Mosteiro e Castroverde quedará pechado ao tráfico e o desvío realizarase pola LU-P-1204
obras-LU-P-1611
27 Jun 2026

A Deputación de Lugo informou de que dende o luns 29 de xuño permanecerá cortado ao tráfico un treito do Cinto Comarcal, na estrada provincial LU-P-1611, debido ao inicio dos traballos de construción da nova ponte sobre o río Azúmara.

O corte afectará ao tramo comprendido entre Mosteiro e Castroverde, mentres que o desvío quedará habilitado pola LU-P-1204 e estará debidamente sinalizado para garantir a circulación alternativa.

As obras serán executadas pola empresa Grupo Bascuas 2008 SL e contan cun investimento da Deputación de Lugo de preto de 650.000 euros.

0.1308650970459