A Escola de Música de Guntín abre a súa matrícula para o novo curso

LugoXa
Os interesados poderán anotarse para participar na banda de música, así como formarse e aprender a tocar un instrumento
Imaxe recurso de tradición galega
29 sep 2024

A Escola de Música Municipal de Guntín dá a benvida ao seu novo curso durante o que ofrecerán unha ampla variedade de actividades de tipo cultural. Os interesados poderán anotarse para participar na banda de música, así como formarse e aprender a tocar un instrumento, achegarse ao mundo do canto ou desfrutar da percusión dende diferentes ámbitos. Deste xeito, a mátrícula para esta oferta de propostas permanecerá aberta ata o día 20 de outubro. Os interesados poden solicitar máis información no 982 320 001.

escola de musica guntin
0.19333100318909