A Escola Infantil de Palas de Rei presenta as súas instalacións remodeladas

LugoXa
As actuacións, foron financiadas con cargo a un convenio entre o Consorcio Galego de Servizos Sociais e o Concello por un importe de 48.000 euros
escola-infantil-palas-de-rei-remodelacion
4 Sep 2026

O Concello de Palas de Rei remata as obras de acondicionamento e mellora na Escola Infantil municipal. As actuacións, significaron unha ampla remodelación das instalacións interiores do Centro e permitirán ó Concello tramitar a correspondente ampliación no número de prazas dispoñibles.

As actuacións, foron financiadas con cargo a un convenio entre o Consorcio Galego de Servizos Sociais e o Concello de Palas de Rei por un importe de 48.000 euros. Os traballos foron realizados durante este último mes de agosto, onde a actividade educativa nas instalacións da Escola estivo suspendida ó fin de executar as obras. Estes días, os operarios rematan os últimos retoques ó acondicionamento exterior.

0.14479398727417