A escola Tradi O Xeito presentará o proxecto “O xeito de Lugo, unha provincia para bailar”

LugoXa
A iniciativa didáctica incluirá dúas actuacións na Praza Maior e no Auditorio Gustavo Freire
O-Xeito-de-Lugo
14 May 2026

A escola Tradi O Xeito presentará nos próximos días o proxecto “O xeito de Lugo, unha provincia para bailar”, unha iniciativa didáctica que o centro leva meses preparando coa participación do profesorado e do alumnado.

O proxecto busca poñer en valor a música e o baile tradicional a través de distintas actuacións abertas ao público que se desenvolverán na cidade de Lugo.

A primeira cita será o mércores 20 de maio coa proposta “O xeito de Lugo, unha provincia para bailar na rúa”, que terá lugar na Praza Maior a partir das 18.30 horas.

A programación continuará o domingo 24 de maio co espectáculo “O xeito de Lugo, unha provincia para bailar” no Auditorio Gustavo Freire, previsto para as 19 horas.

Desde a escola destacan que se trata dun proxecto construído colectivamente ao longo dos últimos meses entre docentes e estudantes, co obxectivo de achegar ao público o traballo desenvolvido arredor da tradición musical e cultural galega.

0.12183690071106