A Feira do Entroido de Nadela 2026 xa ten programa completo

LugoXa
A asociación veciñal, cultural e deportiva de San Xoán de Pena programa actividades para todas as idades e novidades como premios aos postos e expositores mellor caracterizados
Feira-de-Entroido-de-Nadela
27 Jan 2026

A asociación veciñal, cultural e deportiva de San Xoán de Pena organiza a Feira do Entroido de Nadela 2026, que se celebrará o día 7 de febreiro e promete encher o pobo de cor, tradición e bo ambiente. O evento está pensado para todas as idades e inclúe unha ampla variedade de propostas, desde produtos do porco, postres de Entroido, produtos artesanais, ata postos de alimentación, filloeiras de Muimenta e distintos postos de artesanía.

A xornada comezará ás 09.30 horas coa apertura da feira e a súa exposición e venda de produtos, acompañada dunha animación musical con grupo tradicional. Ás 12.00 horas terá lugar a recepción de autoridades e a actuación da Rondalla Santa María do Porriño. Ás 13.15 horas será o pregón a cargo de Benedicta Sánchez, seguido dunha sesión vermú con disco móbil Patakiña. Pola tarde, ás 16.30 horas, celebrarase un baile con traxes de Entroido animado pola mesma rondalla e disco móbil. A xornada rematará ás 18.30 horas co concurso de traxes de Entroido nas modalidades infantil, adultos e grupal, e cunha festa final con disco móbil Patakiña.

Entre as novidades deste ano, destacase a entrega de premios aos postos mellor decorados e aos expositores mellor caracterizados, buscando fomentar a creatividade e o espírito festivo do Entroido.

O domingo 8 de febreiro a programación continuará coa celebración dun gran cocido na carballeira. Ás 13.00 horas comezará a sesión vermú, e ás 14.30 horas serviranse os pratos do cocido. Pola tarde, a música e o baile estarán asegurados grazas á actuación de Patakiña.

⚙ Configurar cookies
0.079600095748901