A final estatal da Olimpíada Matemática pecha en Lugo con premios e convivencia

LugoXa | AMariñaXa
O certame celebrouse por primeira vez na provincia, con probas en Lugo e Mondoñedo e unha programación complementaria arredor do patrimonio e da cultura
LUGO olimpiada matematica
27 Jun 2026

O Pazo de San Marcos acolleu o acto de despedida das rapazas e rapaces que participaron na final estatal da Olimpíada Matemática, un certame que converteu Lugo e Mondoñedo en espazos de aprendizaxe, convivencia e divulgación.

A deputada de Cultura, Iria Castro, participou na clausura da actividade, organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Durante o acto final celebrouse unha conferencia a cargo de Manuel Andrade Baliño e entregáronse os premios ao alumnado que obtivo as mellores valoracións nas probas desenvolvidas ao longo do certame.

As probas individuais tiveron lugar o xoves na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, mentres que as probas por equipos se celebraron o venres en Mondoñedo.

A programación incluíu tamén actividades complementarias para achegar ás persoas participantes ao patrimonio e á cultura da provincia. O acto de clausura contou ademais cunha actuación de Cantigas e Frores.

0.14026212692261