A Fonsagrada acollerá o espectáculo “Trasnadas revolucionarias” da Maga Fani

LugoXa
Unha proposta de maxia e ilusionismo para o mércores 8 de xullo ás 18 horas na praza da igrexa
Maga-Fani
28 Jun 2026

A Fonsagrada será escenario o mércores 8 de xullo ás 18 horas dun espectáculo de maxia e ilusionismo titulado “Trasnadas revolucionarias”, da man da Maga Fani, unha proposta pensada para o público familiar na que a sorpresa e o humor serán protagonistas.

Trátase dunha “revolución” construída a través dunha concatenación de trasnadas sorprendentes coas que se busca facer pensar e rir ao mesmo tempo, mudando a realidade a través da maxia e do xogo escénico. O espectáculo desenvolverase na praza da igrexa e está concibido como unha enchente de ilusionismo e divertimento no que o público participa activamente.

A montaxe inclúe chistes visuais estrafalarios, situacións inesperadas e unha sucesión de enredos que pretenden provocar a aparición de rostros cheos de ledicia, nun ambiente festivo no que a interacción da concorrencia resulta clave para que se complete esta particular esmorga de sorpresas.

0.12157416343689