A Fonsagrada acollerá o Seminario Internacional Comunidades e Periferias

LugoXa
A Fonsagrada acolle o mércores 2 de agosto un espectáculo de ilusionismo: Ilusións sen azucre industrial. Será ás 19.00 horas
Seminario Internacional Comunidades e Periferias fonsagrada 2023
15 Ago 2023

O Concello da Fonsagrada acollerá os días 19 ao 22 de setembro un Seminario Internacional Comunidades e Periferias.

Dito seminario está organizado por Deparq, HAAYDU, Ministerio de Ciencia e Innovación e a Universidade de Santiago de Compostela. E colabora Observatori del Paisatge, Deputación de Lugo e o Concello de A Fonsagrada.

O seminario xorde como un novo espazo de debate que dará continuidade ao do seminario Ruínas e Escampados, que tivo lugar en Morille en setembro de 2022.

Ao longo do seminario presentaranse mesas de conferencias coa participación de especialistas nos campos da arte, a cultura, a filosofía, a arquitectura ou a xeografía.

Acompañan ao seminario diversas actividades complementarias, como un taller ao redor da hospitalidade, dunha duración de dous días e que fará de preámbulo do seminario, así como visitas guiadas pola zona.

Para calquera outra información, haberá que escribir un correo a grupodeparq@gmail.com.

O seminario será presencial con retransmisión vía videoconferencia.

Pódesededes ver o programa aquí e para inscribirse aquí.

0.18487000465393