A Fonsagrada celebrará a XII Ruta dos Lobiños o 28 de xuño

LugoXa
A actividade cicloturista, dirixida a nenos e nenas, percorrerá o Camiño Primitivo e incluirá avituallamentos e unha comida de confraternidade
ruta-lobiños-A-Fonsagrada-25
6 Jun 2026

O Concello da Fonsagrada, a través da Concellería de Deportes, organiza a XII Ruta dos Lobiños, unha actividade cicloturista destinada aos máis pequenos que se celebrará o vindeiro 28 de xuño.

A iniciativa desenvolverase por tramos do Camiño Primitivo e está pensada para que os participantes poidan gozar do deporte e da natureza nun percorrido de pouca dificultade.

A proposta está orientada a nenos e nenas e contará con diferentes servizos incluídos na inscrición. O prezo de participación será de 15 euros e dará dereito a bebida, comida, avituallamentos durante a ruta e unha parrillada ao remate da xornada.

A organización tamén ofrece a posibilidade de que nais e pais se sumen á actividade. Os acompañantes poderán participar tanto na comida como na propia ruta polo mesmo importe de 15 euros.

As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición ata o 22 de xuño. Para obter máis información ou completar o proceso de reserva, a organización habilitou o correo electrónico rutadoslobos@hotmail.com e o teléfono 629 67 12 36.

A Ruta dos Lobiños alcanza así a súa duodécima edición consolidándose como unha das actividades deportivas e familiares do calendario estival da Fonsagrada.

0.12261915206909