A Fundación da Sociedade Oncolóxica de Galicia convoca unha andaina pola Muralla de Lugo

LugoXa
A actividade, organizada pola Fundación da Sociedade Oncolóxica de Galicia, celebrarase o 8 de maio cun percorrido de 2,3 quilómetros
Muralla-de-Lugo-Mosquera
16 Apr 2026

A Fundación da Sociedade Oncolóxica de Galicia organiza o vindeiro 8 de maio unha andaina pola Muralla de Lugo co obxectivo de poñer en valor a importancia do exercicio físico como medida de prevención do cancro.

A actividade terá lugar o venres 8 de maio ás 12:30 horas, con saída desde a Porta Falsa, situada na Praza de Ferrol. O percorrido previsto será de aproximadamente 2,3 quilómetros, discorrendo polo adarve da muralla.

A iniciativa busca fomentar hábitos de vida saudables entre a poboación, destacando o papel da actividade física regular na prevención de enfermidades e na mellora da calidade de vida.

0.12388110160828