A Galería Nova Rúa de Lugo acolle a nova exposición de Luis Valentín Fernández Vila

LugoXa
O artista presenta “As cores da pedra: a beleza que perdura”, centrada na paisaxe urbana de Lugo e Santiago
artista-Fernández-Vila
27 Apr 2026

A Galería Nova Rúa de Lugo inaugura o vindeiro 7 de maio, ás 18:00 horas, a exposición individual “As cores da pedra: a beleza que perdura”, do artista Luis Valentín Fernández Vila (Escairón, 1958) e poderá visitarse a ata o 30 de maio.

Esta proposta supón o regreso do creador a este espazo expositivo, despois da súa mostra individual en 2022 titulada “Ao redor de nós”, así como da súa participación nunha exposición colectiva en 2018, o que evidencia unha relación continuada coa galería ao longo dos últimos anos.

Nesta ocasión, Fernández Vila centra o seu traballo na paisaxe urbana, con especial presenza de cidades como Lugo e Santiago de Compostela. A través das súas obras, o artista recolle a personalidade destes espazos, prestando atención á súa arquitectura, ás súas rúas e ao papel da pedra como elemento característico e definitorio.

A exposición formula unha mirada próxima ao cotián, na que os espazos urbanos son reinterpretados desde unha sensibilidade que destaca a súa identidade e a súa continuidade no tempo. Lonxe dunha visión monumental, as obras convidan a redescubrir lugares recoñecibles desde unha perspectiva íntima e persoal.

Con “As cores da pedra: a beleza que perdura”, Fernández Vila continúa afondando nunha liña de traballo coherente, vencellada ao territorio e á observación directa do contorno urbano.

0.11821389198303