A III Ruta Cabalar San Miguel de Orbazai celebrarase o 18 de abril de 2026

LugoXa
Organizada polo Grupo Cabalar de Orbazai, a iniciativa combina natureza, cabalos e actividades gastronómicas para máis dun cento de participantes
Ruta-Cabalar-Orbazai-2024
16 Jan 2026

A III Ruta Cabalar San Miguel de Orbazai terá lugar o vindeiro 18 de abril de 2026, organizada polo Grupo Cabalar de Orbazai, formado por Sergio, Álex, Carla e Ariadna.

Esta actividade, que busca fomentar o contacto coa natureza e cos animais, inclúe a ruta a cabalo, premios para os participantes e unha degustación de pinchos ao remate.

A lonxitude do percorrido será de arredor de 20 quilómetros, permitindo aos asistentes coñecer o entorno rural do municipio de Lugo. Como en edicións anteriores, espérase que participen máis dun cento de persoas, que poderán gozar dunha xornada de lecer, deporte e contacto coa vida ao aire libre.

⚙ Configurar cookies
0.082448959350586