A ITV agrícola estará en Baleira este mes

LugoXa
O Concello de Baleira informou de que a unidade móbil da ITV agrícola estará facendo as revisións no municipio en marzo
tractor
tractor
2 mar 2023

A unidade móbil da Inspección Técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao concello de Baleira no mes de marzo.

Os días 17, 20 e 21 de marzo a ITV estará no Cádavo en horario de de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas menos o día 17 que estará só en horario de mañá.

Ata a parroquia de Mirador de Córneas desplazarase o día 23 de marzo en horario só  de mañá de 09.00 a 13.30.

O día 24 estará en Martín tamén en horario só de mañá de 9.00 a 13.30 e para finalizar, estará no cemiterio da Lastras o día 27 en horario de  9.00 a 13.30.

As persoas interesadas deben solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.