A Legua Dereita do Corgo comeza o curso con actividades de canto, baile, gaita e acordeón

LugoXa
Ademais, ofrecen un mes de proba gratuíto para novos alumnos e alumnas
a-legua-dereita-asociación-o-corgo
6 Out 2024

A Asociación Cultural A Legua Dereita do Corgo lanza os cursos do ciclo 2024-2025 cunha atractiva e variada oferta para os vindeiros meses. Ademais, ofrecen un mes de proba gratuíto para novos alumnos e alumnas. Esta oportunidade permitirá a aqueles interesados en música e danza tradicional galega experimentar as actividades antes de formalizar a súa inscrición.

Entre as clases ofertadas destacan baile infantil, os sábados de 16.30 a 17.15; canto e pandeireta infantil, os sábados de 17.15 a 18.00; baile para adultos iniciación, os venres de 20.00 a 20.45; percusión para adultos iniciación, os venres de 20.45 a 21.45; gaita (iniciación para adultos e nenos), os venres de 19.00 a 20.00; acordeón, os xoves de 20.30 a 2200 e iniciación aos cantos de taberna, os sábados de 19.30 a 20.15.

Ademais, tamén se imparten clases do nivel avanzado GMBT (Grupos de Música e Baile Tradicional) para baile; os mércores de 19.30 a 21.00; gaita, os sábados de 16.00 a 17.00; percusión, os sábados de 17.00 a 18.00 e canto e pandeireta, os sábados de 18.00 a 19.30. Os interesados poden solicitar máis información ou inscribirse a través do teléfono 659 779 462 ou da páxina de Facebook oficial da asociación, "Legua Dereita". Esta oferta pretende fomentar a participación en actividades culturais locais e promover a tradición musical galega entre todas as idades.

a legua dereita cursos o corgo
0.10181093215942