A Legua dereita do Corgo organiza un magosto
A Asociación A Legua dereita do Corgo organiza para o sábado 6 de novembro un magosto. Este evento será na Escola Vella situadad á beira do edificio de Correos, ás 18.30 horas.
Ademais de degustar este marabilloso xantar, haberá música e unha foliada aberta a todo o público. Tamén haberá unha actuación especial a cargo do gran Dani Polo Ilusionista.
Este espectáculo terá lugar o sábado día 6 ás 20.00 horas e para asistir será necesario apuntarse previamente chamando ao teléfono 628 690 545, xa que haberá medidas de prevención e aforo limitado.
Dani Polo é un ilusionista nado en Melide que leva dende cativo no mundo da maxia. É o coordinador de dous grandes festivais de maxia en Ames e Melide, así como presentador noutras galas e programas de radio.