A Libraría Trama acolle a presentación de ‘Formas, figuras e sombras na Terra Chá’ de Mero

LugoXa | TerraChaXa
A obra de Baldomero Iglesias Dobarrio pon o foco no cacharro de Bonxe e rende homenaxe á cacharreira Pepa Lombao
mero-iglesias-presentacion
21 Apr 2026

O vindeiro mércores 22 de abril, víspera do Día do Libro, presentarase na Libraría Trama de Lugo o volume Formas, figuras e sombras na Terra Chá, do autor Baldomero Iglesias Dobarrio, coñecido como Mero, unha obra editada por Xermolos e a Irmandade Manuel María.

O libro afonda no fenómeno do cacharro de Bonxe, un dos referentes tradicionais da olería na Terra Chá, combinando memoria, cultura material e achegas ao patrimonio artesanal da zona.

A publicación constitúe ademais unha homenaxe a Pepa Lombao, quen vén de se xubilar como cacharreira deste singular punto alfareiro, recoñecida polo seu papel na continuidade desta tradición artesanal.

0.12128305435181