A Librería Trama acolle este mércores a presentación de 'Los Grandes Vinos Gallegos'

LugoXa
Xavier Castro presentará a súa obra sobre a historia e a cultura do viño galego nun acto no que tamén participará Pepe Coira
grandes vinos gallegos-xavier-lugo
30 Sep 2026

A Librería Trama acollerá este mércores, 30 de setembro, ás 19:00 horas, a presentación do libro "Los Grandes Vinos Gallegos. Originalidad e historia", do catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Xavier Castro. O acto contará tamén coa participación de Pepe Coira.

O encontro permitirá abordar a importancia da cultura do viño e do patrimonio vitivinícola galego, así como o seu papel no recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da UNESCO.

Xavier Castro é catedrático de Historia Contemporánea da USC e desenvolveu tamén unha ampla actividade como experto en gastronomía, participando en diferentes foros internacionais celebrados en países como México e Italia. Ademais, está previsto que participe en próximos encontros en Úbeda, cidade recoñecida como Patrimonio Mundial, centrados nas gastronomías tradicionais e no seu recoñecemento pola UNESCO.

Durante a presentación, os asistentes poderán coñecer a visión do autor sobre a evolución histórica e cultural do viño galego e reflexionar sobre o seu valor como parte do patrimonio. A entrada será libre ata completar a capacidade da sala.

0.15450882911682