A música da Occitania medieval protagoniza unha nova cita do ciclo “Lugo, de trovas e cantigas”

LugoXa
A Capela de Santa María acollerá este sábado o concerto “O anónimo murmurio”, interpretado por Corpora Subtilia baixo a dirección de Paulo Gonçalves
Capela-Santa-María-Lugo
7 Aug 2026

A Capela de Santa María será escenario este sábado 9 de agosto dunha nova actuación do ciclo musical “Lugo, de trovas e cantigas”. Trátase do terceiro concerto desta programación, que achega ao público diferentes expresións da música histórica.

A cita, titulada O anónimo murmurio, estará a cargo da formación Corpora Subtilia, dirixida polo músico e musicólogo portugués Paulo Gonçalves, recoñecido polo seu traballo na recuperación e interpretación do repertorio medieval.

Durante o concerto, os asistentes poderán escoitar baladas, rondós e virelais compostos entre finais do século XIV e comezos do XV na rexión histórica de Occitania. Estas pezas pertencen ao período coñecido como Ars Subtilior, unha etapa da historia da música caracterizada pola súa gran complexidade rítmica e pola sofisticación dos sistemas de notación empregados polos compositores da época.

A actuación dará comezo ás 20:00 horas e a entrada será libre e gratuíta ata completar a capacidade da Capela de Santa María.

0.13550209999084