A obra de teatro Duncan de Palleiro chega a Portomarín
LugoXa
Chega a Portomarín o espectáculo Duncan de palleiro, unha obra de teatro infantil que está a cargo de Lila Teatro.
11 Ago 2021
Chega a Portomarín o espectáculo Duncan de palleiro, unha obra de teatro infantil que está a cargo de Lila Teatro. A actuación realizarase o vindeiro domingo 15 de agosto e trata sobre un can de palleiro, un can especial que pertence a unha raza mítica e con prestixio.
Duncan leva unha vida sinxela, nunha vila pequena e rodeado de amigos e amigas. Así mesmo, gústanlle moito os nenos e nenas polo que sempre lles leva sorpresas que non deixan a ninguén indiferente. Unha obra de teatro que xunta a amizade, a liberdade e a cultura e que busca transmitir valores.
A obra levarase a cabo ás 21.30 e está realizada por Lines González e Lara Manzano. Un espectáculo para que nenos e nenas disfruten de forma divertida e con aprendizaxe.