A ONG Escuela Shantidi achega a Lugo unha mirada á India a través da fotografía

LugoXa
A exposición 'India desde dentro' poderá visitarse na Capela de Santa María do 1 de outubro ao 1 de novembro
Capela-Santa-María-Lugo
27 Sep 2026

A ONG Escuela Shantidi organiza en Lugo a exposición fotográfica 'India desde dentro', unha mostra que achega ao público a realidade e o día a día de diferentes comunidades da India a través da fotografía.

A exposición poderá visitarse na Capela de Santa María, situada na Rolda da Muralla, 140, desde o 1 de outubro ata o 1 de novembro de 2026.

A mostra estará aberta de luns a venres, sábados, domingos e festivos, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Do 5 ao 11 de outubro, o horario será de 11:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:30 horas.

A iniciativa conta coa colaboración da Deputación de Lugo, a través da Vicepresidencia, e do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD). Con esta exposición, Escuela Shantidi busca achegar a cultura e as realidades sociais da India ao público galego e dar visibilidade ao labor desenvolvido pola organización.

0.14688682556152