A pianista francesa Diana Cooper actúa en Lugo

LugoXa
Continúa a nova tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo
Diana-Coope
27 Out 2024

Continúa a nova tempada de concertos da Sociedade Filarmónica de Lugo, que deu comezo o sábado 26 de outubro. Será a número 78, de forma ininterrumpida, dende o ano 1947, alcanzando xa o número de 740 concertos cos máis recoñecidos músicos e agrupacións de todo o mundo. Doce concertos programados de outubro a xuño con orquestras, solistas e agrupacións de cámara de primeira fila que traerán á nosa cidade a mellor música.

Este xoves é a quenda da pianista francesa Diana Cooper que actuará no Círculo das Artes. Apaixonada pola música clásica desde moi temperá idade, Cooper alcanza a súa plenitude artística sobre o escenario. Gañadora de numerosos premios, entre eles o 1er Premio no Concurso Chopin de Brest, o 1er Premio no Concurso Internacional Halina Czerny-Stefanská de Poznan (Polonia) e o 1º Premio no Concurso Internacional de Piano de Vigo (España), Diana foi convidada a actuar en diversos escenarios e festivais en Francia e no estranxeiro, entre eles o Festival Chopin de Nohant , o Festival Chopin de París ou a Sáelle Cortot.

CONSULTA O PROGRAMA COMPLETO NESTA LIGAZÓN

0.14638113975525