A piscina de Castro de Rei abre o mércores de luns a domingo

LugoXa | TerraChaXa
As entradas terán un custe de 2 euros para adultos a partir de 18 anos
piscina-recurso-xenerica
29 Jun 2026

A piscina de Castro de Rei abre o mércores, 1 de xullo, as súas portas, e permanecerá en uso ata setembro.

Como en anos anteriores o seu horario será de luns a domingo de 12.00 a 20.00 horas.

As entradas terán un custe de 2 euros para adultos (a partir de 18 anos); 1,50 para os que teñan entre 12 e 18, e de 1 euro para o resto.

Establécense tamén abonos de tempada, que terán un prezo de 40, 30 e 20 euros, respectivamente en cada unha das categorías. O abono por familias será de 60 euros, para pais e fillos menores de 15 anos.

0.10704207420349