A Plataforma Veciñal Barrio da Residencia reclama o arranxo urxente das beirarrúas da rúa da Saúde

LugoXa
Afirma que a reparación do treito permitirá mellorar o espazo tanto para a veciñanza do barrio como para as empresas que utilizan o espazo carga e descarga
rua-da-saude-lugo
16 Jun 2026

A Plataforma Veciñal Barrio da Residencia reclama o arraanxo urxente das beirarrúas na rúa da Saúde, unha situación que, segundo sinalan, leva tempo deteriorándose sen que se adopten medidas efectivas para a súa reparación.

En concreto, a entidade veciñal fai fincapé na zona de carga e descarga, onde o pavimento presenta un elevado nivel de desgaste, dificultando o tránsito seguro tanto para os peóns como para o persoal que realiza as tarefas de carga e descarga.

A Plataforma Veciñal Barrio da Residencia considera que o arranxo desta zona permitiría mellorar significativamente a calidade do espazo público, favorecendo unha mobilidade máis segura e cómoda, así como unhas condicións máis axeitadas para a actividade económica do barrio.

A plataforma insta ao Concello de Lugo a actuar con urxencia para acometer as obras necesarias, garantindo así a seguridade e o benestar da veciñanza, así como o correcto funcionamento dos servizos e negocios da contorna.

0.18781208992004