A próxima fin de semana chega a Lugo a X edición do Cartografía en Movemento

LugoXa
A décima edición do ciclo de artes escénicas Cartografía en Movemento xuntará a creadores e compañías vencelladas ás artes escénicas.
presentacion cartografia en movemento
18 Out 2021

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a décima edición do ciclo de artes escénicas Cartografía en Movemento, que xuntará a diversos creadores e compañías vencelladas ás artes escénicas durante a fin de semana do 23 e 24 de outubro. “Trátase dunha festa das artes do movemento que achegará unha nova forma de ver os distintos recunchos da cidade”, explicou Maite Ferreiro.

A primeira xornada, sábado 23, recollerá, por unha banda, as propostas profesionais en espazos non convencionais e por outra banda, os obradoiros que impartirán os artistas para toda a veciñanza.

Os obradoiros terán unha duración de hora e media e están pensados para tódolos públicos, onde as compañías profesionais convidadas compartirán amablemente o seu xeito de entender o movemento.

A segunda xornada, domingo 24, estará reservada para as propostas amadoras, mañá e tarde, novamente en espazos non convencionais. Neste lado do festival Cartografía en Movemento, trátase de que todo poida acontecer liberando o imaxinario e facendo vibrar a cidade con propostas artísticas aflorando en múltiples espazos.

“Dende a Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, apoiando este festival, apostamos po que Lugo se asente como fogar da arte contemporánea, algo que nos últimos anos demostrou ser unha pista de aterraxe segura para as artes en vivo”, explicou Maite Ferreiro.

CALENDARIO DE ACTUACIÓNS

Sábado 23 de outubro:

Obradoiros no MIHL: 10h a 11:30h

  • Yoga con peluche. Ubicación: caixa negra do museo MIHL. Imparte: Elisa Medina. Duración: 1 hora e media: 11:45h a 13:15h
  • Lo que me deja el cuerpo. Ubicación: caixa negra do museo MIHL. Imparte: Nacho Cárcaba. Duración: 1 hora e media: 13:30h a 14:30h
  • Videoproxección: Ella Poema e encontro con Aida Colmenero. Ubicación: sala de grupos do museo MIHL (máximo de 68 persoas coas novas restriccións ao 90%). Duración: 1 hora no total (30 minutos de videoproxección e 30 minutos de encontro e coloquio Aida)

Outras actividades: 19h a 20h Praza Santa María (en caso de choiva, trasladarase ao MIHL)

  • Performances profesionais
  1. - Cia. Entremáns – Amparo
  2. - Cía. Elahood – Intempestiva
  3. - Nacho Cárcaba e Elisa Medina – Richard Charlie

 20:30h a 22h Praza Santa María (en caso de choiva, trasladarase ao MIHL)

  • Jam Festa SalvaXe. Dirixe: Cía. Elahood. Duración: 1 hora e media

Domingo 24 de outubro

Todo o día en diferentes localizacións da cidade.

  • A ALMA de Cartografía , Décimo aniversario;  . Propostas artísticas multidisciplinares baixo o lema O salvaxe volve ás rúas.
0.20719194412231