A Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón prepara tres novas rutas turísticas

LugoXa | AMariñaXa
As xornadas de ensaio celebraranse os días 19, 20 e 26 de outubro e están abertas gratuitamente a profesionais e entidades vinculadas ao turismo do territorio
ria-del-eo--marea-baja
14 Oct 2026

A Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón está a deseñar tres novos itinerarios turísticos para dar a coñecer os atractivos naturais, paisaxísticos, históricos, patrimoniais e gastronómicos do territorio. A iniciativa inclúe tres xornadas de probas durante o mes de outubro, coas que se pretende testar as propostas e recoller achegas de persoas e colectivos relacionados co desenvolvemento turístico da Reserva.

A primeira cita será o 19 de outubro, coa ruta "O Eo, do mar á montaña", centrada na natureza. Ao día seguinte, o 20 de outubro, desenvolverase "Ferro, auga e oficio", un percorrido de carácter etnográfico. A programación rematará o 26 de outubro con "Sabores da Reserva", un itinerario dedicado á gastronomía.

A organización busca contar coa participación de empresas turísticas, entidades locais, persoal municipal e de turismo, asociacións, produtores e outros axentes do territorio. Tamén convida a sumarse aos medios de comunicación e a todas aquelas persoas vinculadas á promoción e ao desenvolvemento turístico da Reserva.

A participación nas tres xornadas é gratuíta, aínda que as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través do seguinte formulario.

Con esta convocatoria, a Reserva quere incorporar as achegas das persoas participantes ao deseño dos novos itinerarios turísticos.

0.15231800079346